Visitando o Verso (2008)

Sinto tanto que non esteamos máis preto, porque che recitaría de memoria este verso:
                                   recitaría cada parte do teu corpo e seriamos capaces de elevarnos                                    escribindo nas paredes

[elevar manicomios pintando palabras nas paredes e no teito
tocando unha de Brouwer]

contémplame así,
tan imperfectísima e estou aquí por casualidade
e tocamos todo porque as mans son tan necesarias
estás a piques de tocar este verso e a min sábesme ben
sábesme ben
tocando unha de Brouwer

No hay comentarios: